martes, 1 de febrero de 2022

Yolanda Díaz e a teoría cultural

Boa parte do éxito dun liderado político reside no atractivo persoal. Max Weber falaba de carisma e Aristóteles de “ethos” como virtude de dar confianza, a capacidade para fascinar a un público (hoxe diríamos: unha audiencia) fóra dunha pura adhesión lóxica ou ideolóxica, por riba da pertenza á tribu, dirixíndose a calquera. A Yolanda Díaz góstalle falar de “transversalidade”.

Haberá quen pense que transversalidade é dicirlle a cada quen o que quere escoitar e, no canto diso, esixa máis monolitismo e contundencia. Iso suporía esquecer a evolución das sociedades modernas cara un pluralismo que deixou atrás antigas pretensións hexemónicas, de fondo relixioso. Ese pluralismo de ideais de vida debería ser irrenunciable, a pesar de que a axenda neoliberal soubese atrapar a diversidade e adaptala ós seus fins, converténdoa nunha interminable disputa identitaria na que as lexítimas loitas polo recoñecemento máis parecen estratexias de marketing.

Resulta difícil pensar en termos solo racionais, padecemos en xeral unha “disonancia cognitiva” da que non saímos excepto en momentos luminosos pero marxinais. Non é fácil conciliar diferentes metas nin convertelas en accións consecuentes ou eficaces (como exemplo o cambio climático, paralizados entre o que sabemos que habería que facer e o que estamos dispostos a facer). Somos  zarandeados polos fluxos da circulación económica, reducidos a “capital humano” nunha economía dos afectos que sustitúe á política.

O tempo dirá se o atractivo persoal de Yolanda Díaz se converte en carisma. Se se consuma o éxito da reforma laboral, pode ser o salto cualitativo que precisa para ser lideresa, máis alá do estreito xogo parlamentario. Ó seu favor terá o discurso do contrato social, idea potente pero que para ser eficaz necesita a dose suficiente de innovación para suscitar emocións fóra dos predispostos a ese discurso e atraer sectores doutras órbitas e mesmo despolitizados.

As eleccións que facemos non son solo racionais e discursivas senón tamén emotivas, configurando, según a antropóloga Mary Douglas (“Estilos de pensar”), un cadro de catro posicións conflitivas entre si: están o xerárquico que tende a aceptar a orde establecida e actuar conforme ó status; o individualista competitivo, que se move no seu elemento nas sociedades de mercado e sábelles sacar partido; o protestatario, capaz de xerar “enclaves disidentes” e conformar normatividades alternativas, persoas fortemente ideoloxizadas (que, no extremo, poden chegar a ser sectarias); e finalmente a xente ecléctica ou “illada”, que en xeral prefire evitar os controis opresivos das demais formas de vida, se substrae á competencia e simplemente prefire que a deixen en paz.

As sociedades chamadas democráticas son presas dunha gran volatilidade, ó fío das afinidades e distancias entre distintos “estilos de pensar”. Mary Douglas pensaba que era difícil saírse do grupo no que un se socializa, pero as pertenzas tenden a ser fluidas e cambiantes. Aínda que a imaxe pública acompañe hoxe a Yolanda Díaz e o seu núcleo discursivo funcione, queda aínda o dictame inapelable da audiencia, que pide emocións fortes e caricaturas extremas, un terreo minado onde enseguida crecen os ananos e non é de esperar moita fidelidade.

Nese vaivén e nesa vertixe é onde pode fraguar o carisma, si o enclave dos propios consigue comunicar coas grandes bolsas de illados, precarios e desafectos da política, nunha tanxente ou diagonal idealista. Un recomenzo quincemaísta coas leccións aprendidas e bagaxe institucional. Eso sería romper barreiras, establecer un novo marco de prioridades, poñer foco na desigualdade, a extensión de dereitos (e a garantía dos xa recoñecidos, como a vivenda), a protección do medio, en definitiva concretar aqueles elementos que deben ser básicos, sustantivos e transversais. E que no demáis, no que é máis accesorio e instrumental (cómo chegar a onde queremos?), haxa un abano de opcións reais, tanto en política económica como na articulación territorial do Estado, cuestións que non deberían ser obxecto de guerra cultural, coma se fosen esencias  inamovibles nunha confrontación grosa de todo ou nada, senón un terreo de negociación permanente. Eso sería cabalgar as mutacións sociais que vivimos; se non, podemos vernos abocados a afrontar (como dí o economista Thomas Piketty) un escenario similar ó preludio da Revolución francesa.

(EL PROGRESO, 29/01/2022)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EL ESCRIBA DE LA DEMOCRACIA

  El pasado 14 de marzo fallecía Jürgen Habermas a los 96 años, la figura más importante del panorama filosófico   de las últimas seis décad...