domingo, 26 de junio de 2022

LA POBREZA COMO PROBLEMA_Parlamento Filosófico

 

(Para el Parlamento Filosófico)

Para contribuir a la inteligencia colectiva instituida por este foro quisiera destacar tres aspectos del tema que de manera programática nos preocupa, tres puntos por si alguien los pueda considerar de utilidad para ser discutidos en vistas a una propuesta conjunta. 

EL PRIMERO, lo llamaría “la venganza de los datos”, con el fin de establecer el estado de la cuestión en relación al proceso histórico de las últimas décadas, eso que llamamos globalización. ¿Qué hay de cierto en el relato neoliberal de la eliminación de grandes bolsas de pobreza en las últimas décadas? ¿Mejoraron las estadísticas de acceso a agua potable, de ingesta calórica, de riesgo de mortalidad materna en los partos, de analfabetismo, o de acceso a alguna forma de seguridad social? Habría que combinar el análisis de las tendencias de cambio con estudios transversales de las relaciones entre distintos indicadores para establecer alguna conclusión en la que figuren a la vez una respuesta afirmativa a los interrogantes estudiados, en términos absolutos, y una distribución desigual y productora de más desigualdad. La evolución de la estructura social produce pobreza, y la pobreza se diversifica entre la más extrema (¿de cuánta ingesta calórica se puede prescindir?, ¿es comer tres veces al día una medida revolucionaria?) y las formas múltiples de la precariedad que impregna el tejido social, y aún más desde la pandemia… 

El SEGUNDO, “El círculo infernal de la pobreza”. La pobreza no es una condición natural sino una construcción modulada por múltiples piezas que se realimentan en sus dinámicas: la desnutrición es su evidencia última, pero cuando esta llega es raro que no haya habido antes explotación de género o laboral, matrimonios prematuros, violencia sexual, alto grado de conflictividad  y, muy frecuentemente conflictos armados, así como una baja escolarización y formación. Las mujeres y los niños siempre son los más afectados por la pobreza.  La feminización e infantilización de la pobreza contribuyen a hacerla más invisible… 

Y el TERCERO, la frase mencionada de la Revista de la Universidad de Mexico que tan bien resume el problema político de la pobreza, “Nuestros sueños no caben en sus urnas” ¿Es preciso cambiarlo todo para acabar con la pobreza? Frente a los embaucadores de la ayuda para paliar un poco y que nada sustancial cambie, la pobreza nos emplaza ante la totalidad del sistema, es la economía y la deuda pero también las condiciones sanitarias y laborales, el desprecio por el entorno considerado solo desde la perspectiva de ser un material explotable, los recursos alimentarios como material especulativo y predatorio, un modo de vida que genera pobreza estructural también cuando descuida la educación, cuando recorta derechos y cuando promueve los prejuicios que fortalecen el racismo y el sexismo en lugar de fomentar la inclusión social y la participación política. Como bien dice el texto fundacional de Francisco González Cabañas, el problema del hambre es conceptualmente un problema para los que no tenemos hambre, es un problema existencial para los que no la padecemos porque es “el pliegue donde la humano cobra su sentido o su razón de ser”. El hambre y la pobreza interpelan al presente, cuestionan el pasado y emplazan al futuro, son un reto gigantesco para la humanidad que quiera pensarse algún día como universal sin perder su anclaje en la diversidad.  


(Contribución al Parlamento Filosófico sobre la pobreza)

BAUMAN PARA PRINCIPIANTES (Sobre "Tempos líquidos")

 

Ao longo da súa obra, o autor Zygmunt Bauman trata da época que vivimos, destacando que todo se volve transitorio e pouco consistente.

Zygmunt Bauman é sociólogo, catedrático das universidades de Leeds e Varsovia. Naceu en Polonia (1925) nunha humilde familia xudea coa que emigrou á Unión Soviética despois da ocupación nazi. Sirveu na exército polaco e foi profesor na Universidade de Varsovia. Desde 1971 viveu en Inglaterra, como consecuencia da campaña antisemita que liderara el gobierno comunista para o que traballara. Morreu en 2017.

Nos seus traballos Zygmunt Bauman tratou sobre a modernidade, a posmodernidade e o consumismo. O seu pensamento foi moi importante para a análise do mundo globalizado e os cambios acelerados que se impoñen o home de hoxe. 

Neste traballo acudín á súa obra “Tiempos líquidos”, outras obras súas son  “Amor líquido”, “Modernidad y Holocausto”, “Vida líquida”, “El miedo líquido”, etc.

Bauman aportou un concepto clave para poder comprender a realidade actual ao definir a nosa época como líquida. O fluido é unha sustancia que modifica a súa forma e non permanece ao longo do tempo. Ese é o rasgo da nosa modernidade que, en contraste co pasado, confronta ao ser humano con novos desafíos que debe resolver.

Comentaremos as ideas principais manexadas por Zygmunt Bauman. Bauman creou a figura da modernidade líquida para caracterizar á sociedade actual. Esa condición líquida significa unha realidade cambiante e difícil de definir, todo cambia rápido e nada permanece. As formas sociais estables que noutros tempos eran un punto de referencia para organizar a vida, perderon vixencia. O interés nas ideoloxías decaeu e as institucións, a relixión, a familia, incluso o amor, volvéronse menos ríxidas e máis indeterminadas. As características desta época son o pluralismo e a ambivalencia.

Houbo un tempo no que a ocupación e o lugar de traballo eran referentes cos que se daba sentido á vida, pero os cambios na economía socavaron esa estabilidade. Hoxe os conceptos de traballo e de comunidade son flexibles, en estado de incesante movilidade. O home líquido, sin permanencia nin seguridade, vive o momento e non planea a longo prazo.

No mundo globalizado os conceptos de tempo e de espacio se comprimen. Di que o mundo está aos nosos pés e é posible vivir experiencias usando máis espacio e menos tempo. Á vez o home vese obrigado a adaptarse ao cambio de rumbo constante, o que o deixa excluido dunha estructura que o sosteña e o obriga a vivir na incertidumbre.

Na obra “Tiempos líquidos” Bauman fala sobre a globalización que afecta a todos os fenómenos da vida, sobre “a vida líquida moderna e os seus medos” (cap.1). Tendemos a vivir ben controlados, detrás de muros con videocámaras, con vixilantes e vehículos blindados, con aerosoles defensivos e incluso gusto polas armas. Todo eso delata a nosa inseguridade e os medos cos que vivimos, que os poderes saben manexar para o seu beneficio, nos fan crer que o que poida pasar é responsabilidade de cada un, o colectivo desaparece.

No capítulo 2 fala da “humanidade en movemento”, cómo o fenómeno da desregulación afecta a todo, producimos cada vez máis desperdicios e por exemplo coas guerras tamén producimos refuxiados, que máis que cambiar de lugar perden o seu lugar no mundo. Bauman considera os campos de refuxiados como un modelo de vida líquida. 

Outros temas que trata son “o Estado e a democracia” (cap.3), cómo as sociedades actuáis xestionan o medo que se produce coa desaparición da solidaridade. O exercicio dos dereitos está condicionado pola posición económica, e temos o problema dos excluidos.

No capítulo 4 fala dos espacios urbanos, onde vivimos “separados pero xuntos”, de maneira individualista e pouca actividade social, sometidos a unha vixilancia constante. Crece o medo aos diferentes, nos obsesionamos con manter a distancia. A libertade e a variedade de opcions que se teñen marcan as costumes da nosa época. A modernidade líquida distínguese polo nomadismo do home que vive a súa vida como un turista cambiando de lugar de residencia, donde atope mellores oportunidades. O único constante son as variacións, tamén se pode cambiar de cónxugue, de valores, de política ou de orientación sexual.

E no capítulo 5 trata o tema da utopía, que perde sentido nunha época de incertidumbre na que se pensa sobre todo no inmediato. Bauman usa unha metáfora sobre as distintas actitudes ante a vida: na época premoderna predominaba o gardabosques, que consideraba o mundo inamovible e era mellor conservalo así; na época moderna somos xardineiros, que temos que ir amoldando o mundo e dándolle forma cos nosos esforzos continuados; e na época posmoderna convertímonos en cazadores, que o único que queren é cobrarse unha nova presa, sin importarlles o equilibrio do mundo ou se este pode mellorar. A idea de progreso perdeu o sentido de mellora e significa cada vez máis a supervivencia individual.

As reflexións de Bauman nos fan ver que aínda que pareza que a libertade hoxe se pode exercer fácilmente, en realidade ao moverse os puntos de referencia permanentes sobrevén un sentimento de inestabilidade e falta de certeza. As condicións cambiantes non permiten que se consoliden hábitos e rutinas, os avances non son duradeiros, todo caduca rápidamente.

Nesas condicións a experiencia xa non sirve de modelo. Ao desvanecerse os referentes que sostiñan as seguridades eso afecta á confianza nun mesmo, e tamén nos demáis e na comunidade.  Sin o soporte da trama social e coa  disolución das tradicións que garantizaban un contexto sólido, a precariedade e o medo vólvense características da modernidade líquida. Baixo a presión da necesidade permanente de innovación, ao final a vida convértese en precaria e líquida.

domingo, 12 de junio de 2022

CONTRA O REALISMO

 

 

“O realismo é a boa conciencia dos fillos de puta”, escoiteille a Carlos Taibo esta cita do filósofo Georges Bernanos nunha charla sobre colapso ecosocial. Realistas serían os que sempre dan por sentada a realidade tal como é e desisten de calquera cambio por consideralo imposible. Os resignados que enaltecen o peso dos feitos, e os cínicos, que sempre obvian a súa propia contribución a moldear esa realidade que despois decretan inalterable.

É un modo de razonar moi presente en todas partes: a condescendencia coa corrupción, o inútil de todo compromiso, o beneficio propio como única guía, a vida como pura competencia. Que podemos esperar se todo o mundo defrauda o que pode? Para que vou aforrar auga, ou separar o lixo, se despois o Estado dilapida os recursos? O mundo non o fixen eu (menos mal!), as cousas son así, sempre houbo guerras, explotación dos humildes, dominio patriarcal, aversión ós diferentes. A civilización? Unha empresa vana que non vai cambiar a nosa demasiado humana natureza.

Dar por inevitable o racismo, a violencia, a depredación do medio, o machismo…, se eso é realismo enténdese ben a frase de Bernanos citada por Taibo. O realismo como excusa para defender posicións de priviliexio, ou asumir posicións subordinadas, en calquera caso para aceptar que os feitos solo se definen en termos de poder, que solo podes gañar ou perder. É a renovada victoria dunha razón simplemente instrumental, estratéxica, elevada de potencia pola fragmentación do coñecemento na cultura dixital e a ilusión de que todo problema ten unha solución técnolóxica. É a ideoloxía de fondo que triunfa.

Unha forma de ver a realidade que ten consecuencias: o prestixio da agresividade,  a intolerancia cos dereitos alleos, o éxito das políticas de rearme; todo conduce á cascada das tendencias de voto cará á dereita, según as enquisas, o marco político bascula, quedando o centro da escena mediática ocupado pola guerra cultural contra as conquistas sociais da “axenda progresista”, considerada unha conspiración mundial (antes “xudeomasónica”, agora “homoglobalista”). Desprazamento do marco e mesmo inversión, que nos deixan unha esquerda refuxiada en posicións defensivas e conservadoras e unha dereita de xesto rebelde que recolle as pulsións anti-sistema.  

Pode que isto non faga xustiza a unha correcta comprensión do realismo, que tamén pode ser unha forma de conciencia crítica frente os excesos de idealismo (que, pola súa parte, non carece de falsa “boa conciencia”, pero ese é outro tema). Hoxe trato do apego á realidade que ignora adrede a construcción que nós facemos dela. O real é un artificio interesado, conformado en parte polas propias crenzas (teorema de Thomas en ciencia social: o que definimos como real ten efectos de realidade), o que explica o éxito das teorías máis inversosímiles ou fenómenos como as profecías autocumpridas.

A xeopolítica, por exemplo, é extremadamente realista. Se poñemos o foco nas razóns de Vladimir Putin atopámoslle unha lóxica moi realista, sen deixar por eso de ser depredadora (chámolle tamén “realismo do proxeneta”). “É o que hai!”, esa frase tan manida e terrible, que asume que o mundo pode ser fermoso, sí, se o miramos de lonxe, “pero de cerca ves que está cheo de merda”, como dí o escritor Niklas Nat och Dag (a exitosa ficción sueca destaca precisamente polo seu realismo!)

Por certo, e aínda que non sexa moi realista, para cando un proceso penal para Putin?


(Publicado en El Progreso 12/06/2022)

EL ESCRIBA DE LA DEMOCRACIA

  El pasado 14 de marzo fallecía Jürgen Habermas a los 96 años, la figura más importante del panorama filosófico   de las últimas seis décad...