domingo, 26 de junio de 2022

BAUMAN PARA PRINCIPIANTES (Sobre "Tempos líquidos")

 

Ao longo da súa obra, o autor Zygmunt Bauman trata da época que vivimos, destacando que todo se volve transitorio e pouco consistente.

Zygmunt Bauman é sociólogo, catedrático das universidades de Leeds e Varsovia. Naceu en Polonia (1925) nunha humilde familia xudea coa que emigrou á Unión Soviética despois da ocupación nazi. Sirveu na exército polaco e foi profesor na Universidade de Varsovia. Desde 1971 viveu en Inglaterra, como consecuencia da campaña antisemita que liderara el gobierno comunista para o que traballara. Morreu en 2017.

Nos seus traballos Zygmunt Bauman tratou sobre a modernidade, a posmodernidade e o consumismo. O seu pensamento foi moi importante para a análise do mundo globalizado e os cambios acelerados que se impoñen o home de hoxe. 

Neste traballo acudín á súa obra “Tiempos líquidos”, outras obras súas son  “Amor líquido”, “Modernidad y Holocausto”, “Vida líquida”, “El miedo líquido”, etc.

Bauman aportou un concepto clave para poder comprender a realidade actual ao definir a nosa época como líquida. O fluido é unha sustancia que modifica a súa forma e non permanece ao longo do tempo. Ese é o rasgo da nosa modernidade que, en contraste co pasado, confronta ao ser humano con novos desafíos que debe resolver.

Comentaremos as ideas principais manexadas por Zygmunt Bauman. Bauman creou a figura da modernidade líquida para caracterizar á sociedade actual. Esa condición líquida significa unha realidade cambiante e difícil de definir, todo cambia rápido e nada permanece. As formas sociais estables que noutros tempos eran un punto de referencia para organizar a vida, perderon vixencia. O interés nas ideoloxías decaeu e as institucións, a relixión, a familia, incluso o amor, volvéronse menos ríxidas e máis indeterminadas. As características desta época son o pluralismo e a ambivalencia.

Houbo un tempo no que a ocupación e o lugar de traballo eran referentes cos que se daba sentido á vida, pero os cambios na economía socavaron esa estabilidade. Hoxe os conceptos de traballo e de comunidade son flexibles, en estado de incesante movilidade. O home líquido, sin permanencia nin seguridade, vive o momento e non planea a longo prazo.

No mundo globalizado os conceptos de tempo e de espacio se comprimen. Di que o mundo está aos nosos pés e é posible vivir experiencias usando máis espacio e menos tempo. Á vez o home vese obrigado a adaptarse ao cambio de rumbo constante, o que o deixa excluido dunha estructura que o sosteña e o obriga a vivir na incertidumbre.

Na obra “Tiempos líquidos” Bauman fala sobre a globalización que afecta a todos os fenómenos da vida, sobre “a vida líquida moderna e os seus medos” (cap.1). Tendemos a vivir ben controlados, detrás de muros con videocámaras, con vixilantes e vehículos blindados, con aerosoles defensivos e incluso gusto polas armas. Todo eso delata a nosa inseguridade e os medos cos que vivimos, que os poderes saben manexar para o seu beneficio, nos fan crer que o que poida pasar é responsabilidade de cada un, o colectivo desaparece.

No capítulo 2 fala da “humanidade en movemento”, cómo o fenómeno da desregulación afecta a todo, producimos cada vez máis desperdicios e por exemplo coas guerras tamén producimos refuxiados, que máis que cambiar de lugar perden o seu lugar no mundo. Bauman considera os campos de refuxiados como un modelo de vida líquida. 

Outros temas que trata son “o Estado e a democracia” (cap.3), cómo as sociedades actuáis xestionan o medo que se produce coa desaparición da solidaridade. O exercicio dos dereitos está condicionado pola posición económica, e temos o problema dos excluidos.

No capítulo 4 fala dos espacios urbanos, onde vivimos “separados pero xuntos”, de maneira individualista e pouca actividade social, sometidos a unha vixilancia constante. Crece o medo aos diferentes, nos obsesionamos con manter a distancia. A libertade e a variedade de opcions que se teñen marcan as costumes da nosa época. A modernidade líquida distínguese polo nomadismo do home que vive a súa vida como un turista cambiando de lugar de residencia, donde atope mellores oportunidades. O único constante son as variacións, tamén se pode cambiar de cónxugue, de valores, de política ou de orientación sexual.

E no capítulo 5 trata o tema da utopía, que perde sentido nunha época de incertidumbre na que se pensa sobre todo no inmediato. Bauman usa unha metáfora sobre as distintas actitudes ante a vida: na época premoderna predominaba o gardabosques, que consideraba o mundo inamovible e era mellor conservalo así; na época moderna somos xardineiros, que temos que ir amoldando o mundo e dándolle forma cos nosos esforzos continuados; e na época posmoderna convertímonos en cazadores, que o único que queren é cobrarse unha nova presa, sin importarlles o equilibrio do mundo ou se este pode mellorar. A idea de progreso perdeu o sentido de mellora e significa cada vez máis a supervivencia individual.

As reflexións de Bauman nos fan ver que aínda que pareza que a libertade hoxe se pode exercer fácilmente, en realidade ao moverse os puntos de referencia permanentes sobrevén un sentimento de inestabilidade e falta de certeza. As condicións cambiantes non permiten que se consoliden hábitos e rutinas, os avances non son duradeiros, todo caduca rápidamente.

Nesas condicións a experiencia xa non sirve de modelo. Ao desvanecerse os referentes que sostiñan as seguridades eso afecta á confianza nun mesmo, e tamén nos demáis e na comunidade.  Sin o soporte da trama social e coa  disolución das tradicións que garantizaban un contexto sólido, a precariedade e o medo vólvense características da modernidade líquida. Baixo a presión da necesidade permanente de innovación, ao final a vida convértese en precaria e líquida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EL ESCRIBA DE LA DEMOCRACIA

  El pasado 14 de marzo fallecía Jürgen Habermas a los 96 años, la figura más importante del panorama filosófico   de las últimas seis décad...